“Recuerden, recuerden, el 5 de noviembre. Conspiración, pólvora y traición. No veo la demora y siempre es la hora para evocarla sin dilación.
V de Vendetta – Alan Moore y David Lloyd

Os que ledes este blog xa sabedes que toda a obra de Moore é unha das grandes influencias de todos os que aquí escreben; e que V de Vendetta é un dos nosos cómics fetiche. Tanto, que non é a primeira vez que o reseñamos e/ou falamos del. 

Encántanos esa transgresión das artes que observamos en toda e novela, e a visión e á súa vez resolución do modelo de sociedade á que inexorablemente, estamos a ir. Pero, sobre todo, gostamos da elaborada trama que nos fai reflexionar sobre o pasado-presente-futuro de calquer tipo de sociedade e do seu valor fundamental. Aquel que tanto perseguimos pero que á vez nos aterra: a liberdade.

Aproveitando a efeméride que supón o inicio e fin da historia, decidimos facer unha mostra sobre cómic libertario. Nela teñen cabida o cómic anarquista, antitotalitarista, feminista, antibelicista… cómic para liberarse e para liberar.

Bulide a por eles á biblioteca Forum Metropolitano.

Anuncios