A vindeira semana, os días 13 e 15 de Novembro ás 19h, poderedes asistir ao obradoiro de “Cómics: Narrativa e pensamento mítico” impartido por Xan Eguía na biblioteca Fórum Metropolitano.

A idea do obradoiro é atopar a base mítica de toda narrativa vendo o que hai agochado tralas personaxes, tramas, estruturas, sentidos ou procuras de valores morais dos nosos cómics favoritos. A través deles descubriremos que os mitos seguen vivos, e que estase a contar a mesma historias, case, do mesmo xeito unha e outra vez.

Entrada libre ata completar capacidade.

Anuncios