Como todos os anos, o persoal da Rede de bibliotecas prepara unha selección de materiais que, sin pretender ser exhaustiva, recolle aquilo que nos gustou especialmente entre o publicado nos dous últimos anos. Cremos que vos axudará a atopar pequenos tesouros para agasallar nestas festas de Nadal.

Sabemos que regalar lecturas, música ou cine non é doado, implica pensar moito nas persoas que o reciben. Por iso, os títulos que che propoñemos van acompañados dunha pequena reseña do seu contido e estarán expostos en todas as bibliotecas onde poderás mirar, escoitar, tocar e ulir todas estas propostas.

Non resultou nada doado elixir só unos poucos títulos de cómic para incluír na guía de Nadal, porque foron taaaaaaaaantos os títulos que nos marabillaron este ano…. Cómics para todos os públicos, idades e gustos.

Cinco propostas para o público infantil son: Animalia, Ariol, Más allá del jardín, El niño brujo ou La sociedad de los dragones de té.

Cómic infantil na guía de Nadal "Historias de regalo"

Cinco propostas para o público xuvenil e adulto son: El jugador de ajedrez (cómic europeo), Todo lo que pudimos (cómic americano), The Atelier of Witch Hat (manga), ¡Universo! (Cómic hispano) O corpo de Cristo (cómic galego).

Cómic xuvenil e adulto na guía de Nadal "Historias de regalo"

Pero ademáis engadíronse os títulos de El príncipe y la modista e El violeta na sección de lecturas de cultura LGTB e Enorme suciedad na de libros inclasificables!

Nas Bibliotecas podedes vir a consultar, ler e levar para casa todas estas propostas, e moitas máis! Temos as nosas comictecas cheíñas de cómics novos! Que non quede ningunha árbore de nadal sen cómic debaixo 😉 Boas festas e boas lecturas!

Anuncios