Encántame o momento de consultar o máis lido e visto da Biblioteca do ano que acaba de rematar. Comprobamos así con satisfacción que moito do traballo de escolla e de recomendación funciona. As lecturas propostas para os clubs de lectura, as mostras, as novidades, o boca a boca… E este ano melloramos no apartado de obras de autoras de cómic máis prestadas. No de novela xa o temos conseguido! Pero quedan moitos aspectos nos que seguir incidindo para que o traballo de visibilización de obras que merecen toda a atención do lectorado, alcancen aos seus públicos. Non queremos libros collendo po nos andeis, queremos bibliotecas vivas, en constante movemento!!! 

Anuncios