Unha das coleccións máis demandadas nas nosas bibliotecas son as formadas polos cómics, tanto para público infantil e xuvenil como para adultos. E nesas estamos sempre, na procura de completar coleccións abertas e de seguir incorporando un mínimo de títulos que pensamos que poden satisfacer os diversos gustos lectores do público que nos visita e nos acompaña día a día: un pouco de cómic galego, hispano, europeo, americano, manga…

Onte, a nosa compañeira Marta daba boa conta dos cómics novos que podedes ler e levar en préstamo dende xa na sala infantil da Biblioteca Os Rosales. Hoxe queremos detallaros a relación dos últimos cómics que forman parte da nosa mimada comicteca na sala de adultos:

Últimas incorporacións á comicteca da Biblioteca Os Rosales

Pero ademáis destas últimas compras e doazóns, nestos primeiros meses do ano 2019 incorporamos cómics tan apetecibles coma por exemplo:

Seguide vindo e conversando con todas nós sobre os cómics que estades a ler e sobre aqueles que botades en falta nas nosas comictecas. Entre todas construímos a colección!

Anuncios