As Bibliotecas Municipais da Coruña busca voluntarios durante a celebración do Festival Internacional de Cómic da Coruña “Viñetas desde o Atlántico 2019″ que se celebra do 5 ao 11 de agosto de 2019

Que tes que facer en Viñetas?

Dende o 5 ao 11 de agosto,  nos turnos que asignemos, debes axudarnos na montaxe e decoración da caseta e carpa de actividades, repartir os folletos na Feira e nas Salas de Exposicións de Viñetas, atender ao público na caseta e noutras instalacións e, especialmente, informar de todo o vencellado ás Bibliotecas Municipais da Coruña, recomendar cómics e colaborar coa organización do Festival. Todo elo sempre baixo a supervisión do persoal da biblioteca.

Que debes ter para ser voluntario comiqueiro?

Debes ser maior de 12 anos, sociable, comunicativo e desfrutar coa xente. Ademais é imprescindible que che guste e teñas coñecementos amplos de Banda Deseñada.

Como me fago voluntario oficial?

Faremos unha entrevista donde debes acreditar os requerimentos que pedimos; lembra que hay prazas limitadas e que es imaxe das Bibliotecas Municipais durante o festival . Unha vez seleccionado faremos os trámites oficiais necesarios.

Se estas interesado ponte en contacto xa mediante o formulario de abaixo para concertar a entrevista. O prazo remata o 21 de xuño.