ESTE VENRES 23 XULIA VICENTE PRESENTARÁ EN ALITA CÓMICS O SEU NOVO CÓMIC ‘IRA: JINETE DE DRAGONES’.

O cómic, de corte fantástico, conta con guión de Manuel Gutiérrez, e xa é o segundo dunha triloxía de albums orientados ao público adolescente, editado por SallyBooks.

Portada de Ira, Jinete de dragones

Ira é unha heroína forte, pero vulnerable, que aprende que o camiño trazado anticipadamente non ten por que ser o único a seguir…

Os lectores poderán charlar coa autora a partir das 19:30 horas na librería de Orzán, 94. Non perdades a oportunidade de charlar con Xulia!

Dende o grupo #Fancómic xa incluímos este cómic na guía de recomendacións de cómics para nenas e nenos que editamos para a nosa caseta durante o Festival de Viñetas desde o Atlántico e que temos dispoñible nas Bibliotecas Municipais, ademáis de poder consultarse na web.

Anuncios