Despois do noso paso polo festival Viñetas desde o Atlántico, xa é tradición ir mostrándovos as últimas adquisicións de cómic nas distintas Bibliotecas que formamos parte da Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña.

Hoxe o turno é para a comicteca da sala de adultos dos Rosales. Na que conflúen desta vez, as novidades que mercamos nestes meses de verán, cuns cómics que acaban de doar dous dos nosos lectores máis fieis. Lectores que prefiren compartir con todas e todos vós libros noviños, que deixalos arrinconados nos seus fogares. Nada mellor que coleccións acolledoras para recibilos. Que os disfrutedes:

Lembrade que hai uns días a nosa compañeira Marta xa vos contou cales eran os títulos para o público infantil e xuvenil que engadimos á sala infantil da Biblioteca Os Rosales. Ademáis tanto no catálogo como na nosa conta de Pinterest, podedes estar ao tanto dos cómics que temos e da súa dispoñibilidade para a lectura e o préstamo.

E agora… a ler, disfrutar e comentar! Vémonos polos mostradores 😉

Anuncios