Como xa vos anticipabamos en setembro, seguimos a aumentar a colección de cómic para todas as idades na nosa Biblioteca! Este outubro tamén temos novidades para vós.

Na comicteca de adultos temos as seguintes incorporacións:

Entre as que destacamos:

  • Relatos terroríficos, de Junji Ito, un imprescindible para todos os amantes do manga de terror.
  • Irmina, de Barbara Yelin. Esta historia baseada en feitos reais conta o día a día dunha rapaza na Alemaña nazi que decide aceptar o sistema no que vive e mirar cara outro lado.
  • Cappuccino Commotion, un relato autobiográfico de Rosa Navarro sobre o amor e a identidade de xénero que vai directo á sección LGTBIQ do noso centro de interese de Xénero.

Todo isto para os maiores, pero para os máis pequenos tamén hai novidades!

Entre outros títulos, engadimos os catro primeiros tomos de Pokémon: Rubí y Zafiro, un novo arco argumental do mundo dos Pokémon que seguro que che encanta!

Queremos destacar La guerra de Catherine entre as novas incorporacións, xa que foi o cómic gañador do Premio Jeunesse de Angoulême. Relata a historia de Rachel, unha moza que vivirá a súa adolescencia na Francia da Segunda Guerra Mundial.

Xa sabes, todos estes cómics agardan na Biblioteca Ágora a que os levedes en préstamo ás vosas casas! Esperámosvos 🙂