Na Biblioteca Os Rosales, todos os meses de xaneiro, expoñemos os libros que máis viaxaron aos vosos fogares no ano anterior, e os cómics sempre destacan por sen materiais moi prestados e ocupar os primeiros postos da lista de libros de adultos máis prestados no ano. Pero é que ademáis é un pracer para nós, como bibliotecarias, comprobar que as novidades que imos incorporando e que algunhas das nosas recomendacións aparecen nestos listados… O traballo de escolla e prescrición lectora semella que funciona.
Este ano seguimos a mellorar no apartado de obras de autoras de cómic máis prestadas. No de novela xa o temos conseguido! Pero quedan moitos aspectos nos que seguir incidindo para que o traballo de visibilización de obras que merecen toda a atención do lectorado, alcancen aos seus públicos. Non queremos libros collendo po nos andeis senón coleccións en constante movemento.
Grazas ás nosas usuarias e usuarios por acompañarnos no día a día e por manter tan vivas as nosas comictecas. O noso compromiso é dobre: seguir mimando ás lectoras e lectores de cómic e continuar rompendo cos prexuízos cara os tebeos, facendo novas e novos afeccionados cada día. Seguimos…