
Aínda que todo o país está a mirar para o único tema que importa agora mesmo, unha pequena resistencia estamos poñendo parte da nosa atención á primeira fase das votacións para os 38º Premios do Salón do Cómic de Barcelona.
Ata o día 26 de Marzo, os profesionais do cómic poderán votar un máximo de cinco obras en cada un destes apartados: Mellor Obra de Autor/Autora español, Autor/Autora Revelación, Mellor Obra Extranxeira, Mellor Fanzine e Mellor Cómic Infantil e Xuvenil. Unha vez feitas as votacións; de cada un dos apartados, sairán os cinco títulos que competirán entre sí polo mellor cómic do 2019 de cada unha das categorías.
Por desgracia, Fancómic non pode participar na votación; aínda que, de facelo, teriamolo moi difícil xa só coas obras de autorxs/editoriais galegas que saíron o ano pasado:
A chaira de Antonio Seijas
Altar Mutante VVAA
Animalia 2 de Xosé Tomás
Aprende Banda deseñada con Fiz de Kiko Dasilva
Fariña de Luis Bustos
Grandarroiba de Cristian F. Caruncho
Ira, Jinete de dragones de Xulia Vicente
LuzBell: O demo bombilla de Diego Rosales e Xosé Tomás
Microalgas el mundo oculto de Xulia Pisón
Troglo & Dita de Fon
E as reedicións, unha en galego e a outra como tomo único, de:
A sala do té do Oso Malaio de David Rubín
Sandman: el corazón de unas estrella de Neil Gaiman e Miguelanxo Prado
Esperamos ver algunha destas como mínimo no TOP 5.
Vémonos pronto.