Despois do completo post de onte “Yo me quedo en casa LEYENDO CÓMICS“, hoxe imos ampliar a iniciativa da Editorial Astiberri para este periodo de corentena. Durante as próximas semanas, baixo o título Astiberri pixama, a editorial vasca ofrecerá algúns contidos para achegarse aos autores das obras que publican. Ademáis, nos próximos días organizan un conxunto de charlas cos seguintes autores nas súas Redes Sociais:

24 de marzo a las 18.30. Blanca Vázquez.

Coa súa primeira obra, “Juntas en esto” mostra o camiño de dúas mulleres, a súa soidade e a súa valentía, e recalca que non todo é branco e negro, que calquera elección é válida sempre que unha poida exercer a súa liberdade para decidir.

27 de marzo a las 18.30.  Paco Roca.

Aínda que o seu traballo céntrase nos cómics, compaxina o seu tempo coa ilustración e as charlas e talleres. No terreo dos cómics, a súa obra traduciuse a unha ducia de países, foi Premio Nacional de Cómic 2008 por Arrugas. A súa última obra publicada é El tesoro del cisne negro, (2018).

30 de marzo a las 18.30. Nadar.

Coa súas primeiras obras “Papel estrujado” (2013) “El mundo a tus pies“(2015), consegue o recoñecemento de varios premios no Salón Internacional do Cómic de Barcelona. En 2018 publica Salud!, con guión de Philippe Thiraulty e neste ano 2020 publica “El cineasta“, con guion de Julien Frey.

É responsabilidade de todos quedarnos na casa durante as próximas semanas para evitar a expansión do coronavirus e reverter esta situación canto antes. Dende as Bibliotecas Municipais da Coruña intentamos facer esta corentena máis amena xerando contidos e facilitando unha morea de recursos para vós. Ánimo, e moita cultura!