A primeira vez que chegou ás miñas mans esta obra de Ángel de la Calle foi no pasado Salón de Viñetas. Unha coidada edición en galego de Retranca Editora, todo un luxo nestes tempos no que prima é a optimización económica.

O Salón Internacional do Cómic de Barcelona, otorgou o premio á mellor obra dun autor español no 2018 a “Pinturas de guerra”, unha novela gráfica que transita desde os territorios de América Latina aos europeos da man dunha serie de artistas exiliados. Esta historia traza as biografías de varios pintores que sufriron a tortura e o exilio das ditaduras latinoamericanas dos 60 e os 70.

Autor

Ángel de la Calle

Ángel de la Calle é un autor e crítico de cómic español que colabora tamén na organización da Semana Negra de Gijón e as Xornadas do Cómic de Avilés. É un clásico xa do medio con obras tan recomendables como “Modotti, una mujer del siglo XX”, unha biografía da fotógrafa italiana Tina Modotti (1896-1942), editada orixinariamente en dúas partes en 2003 e 2007 por Ediciones Sinsentido e publica libros teóricos como “Hugo Pratt. La mano de dios” (2007) e “El Hombre Enmascarado: En el sendero” (2007).

Resumo:

Un español chega a París en busca de documentación sobre a actriz Jean Seberg. Case sen advertilo, vese envolvido nunha trama de represión contra pintores latinoameticanos que escaparon das ditaduras militares dos seus países. En palabras do escritor Paco Ignacio Taibo II, prologuista deste cómic, «o que fai xenial Pinturas de guerra é que manexa con precisión as claves narrativas, que permiten que decenas de personaxes e as súas historias reúnanse nunha historia central: un axente da CIA, o seu homólogo dos servizos secretos franceses involucrado no pasado da guerra sucia contra Alxeria, unha pintora chilena, un pintor tupamaro, un sobrevivente mexicano da matanza de Tlateloleo, un pintor montonero arxentino, e todos eles reencontrándose nun París de data imprecisable, grazas ao erro que un mozo español comete cando chega á cidade para escribir unha biografía da princesa maldita do cinema norteamericano».