Son tempos incertos, nos que estamos máis hiperconectados que nunca grazas ao dixital. As creadoras e creadores non deixan de partillar recursos para o noso ocio cultural e pode ser un bo momento para descubrir todo o que o mundo dos podcast contén [ivoox por exemplo, contén podcast, radio á carta e en directo, audio series, conferencias e moito máis].

Xa o pasado 2 de marzo, parte do equipo Fancómic participou no Podcast feminista “Sangre fucsia”. O tema era, claro está, as “Bibliotecas fucsias”.

Pedíronnos a nosa opinión sobre a presencia e o papel do cómic nas bibliotecas, sobre a formación das comictecas e sobre a perspectiva de xénero á hora de incorporar fondos, tanto de autores como de autoras.

Falaron entón con M.J. Negueruela, da Biblioteca Francesc Candel, do Concello de Barcelona, con “Rita Carambola” da Biblioteca Municipal Manuel Alvar, en Madrid ciudad e con Sira González da Biblioteca Municipal Os Rosales da Coruña, ademáis de lembrar a Fátima Elías, bibliotecaria na Biblioteca Sagrada Familia da Coruña na actualidade, e unha das pioneiras do grupo Fancómic. A esta peza sumouse ademáis Andrea Galaxina, que acaba de anunciar a creación do grupo de activación do arquivo de fanzines da Biblioteca de Mujeres.

Podedes escoitalo aquí mesmo:

Ir a descargar

“Lugares de peregrinaje para muchas de nosotras, las bibliotecas son sin duda esos espacios que visitamos para sentirnos bien. En ellos hemos vivido y vivimos innumerables aventuras, ya sea gracias a los libros que hemos consultado o a las visitas que seguimos realizando; nos han servido de refugio, conscientes de que eran espacios seguros para nosotras, y en ellas hemos crecido y nos hemos construido; hemos accedido al mundo de fuera, hemos conocido a nuestras primeras heroínas, y ansiosas, nos hemos ilusionado esperando a que llegara esa tarde para ir corriendo a por la pila de libros que devorar. Leer es cuidarse, y ya sabemos lo importante que es eso para una misma: así que dedícate tiempo, acude a la biblioteca de tu barrio y pierde la noción del tiempo mientras decides cuál será la siguiente historia a la que te vas a enfrentar.”

Estamos desexando abrir de novo as nosas portas, mostrarvos as novidades que case case tiñamos listas para todas e todos vós, e conversar sobre as vosas lecturas… Pero mentres, seguimos a compartir conversa e recursos nas nosas redes sociais, á espera de que vos sirvan para pasar esta corentena do mellor xeito posible. Unha aperta de todo o grupo de bibliotecarias e bibliotecarios de Fancómic, felices de escoitar que as bibliotecas son esos espacios seguros que tan falta fan nas nosas sociedades. Grazas Sangre fucsia por contar con nós! E grazas lectoras e lectores por estar do outro lado.