Coñecemos, polo xornal Nós Diario, que o ilustrador Xosé Tomás botou a andar un obradoiro de banda deseñada online, en aberto e para todos os públicos, co que poderemos aprender todos os pasos para crear a nosa propia banda deseñada.

O autor de “Nómades” imparte un curso de DB dende a casa para que as crianzas se divirtan e aprendan ao mesmo tempo. No que nun primeiro momento iba ser un material para difundir entre o alumnado do seu colexio, finalmente trascendeu e decidiu compartilo en aberto nas redes sociais para quen queira.

O obradoiro completo irá saíndo por entregas no Youtube. Os contidos traballarán sobre tipos de viñetas, planos cinematográficos, sobre bocadillos, e probablemente tamén sobre creación de personaxes.

No artigo citado, podedes coñecer este e outros proxectos que ten entre mans, como «Historias da fraga revirada», un volume moi persoal que pronto verá a luz en Galaxia. A súa actividade maioritaria céntrase no eido da ilustración infantil máis estas son algunhas BD que recomendamos: