Seguimos coa colaboración interclubes de lectura, CLC-Queeruña, con este segundo post sobre grandes obras de cómic, coñecidas e non tanto, con temática LGTB+. Nesta segunda tanda incluímos algún máis coñecido, pero non por iso menos importante, e cómics para nenxs/mocidade:

Leñadoras: Cuidado con el gatete sagrado. Noelle Stevenson e Grace Ellis. Roca Editorial: Primeiro tomo desta serie de aventuras que gañou varios Eisner e leva colleitando premios e encandilando á crítica e público alá por onde pasa. Cinco amigas nun campamento de verán só para rapazas, historias de amor, yetis hipsters, falcóns xigantes, lobos de tres ollos e, sobre todo, amizade a tope, neste cómic para (pre)adolescentes que presenta varios modelos de arquetipo feminino tan ben definidos coma necesarios.

Wonder Woman: Tierra 1. Grant Morrison e Yanick Paquette. ECC: Unha nova e rupturista revisión dunha das grandes personaxes de DC, a partir da cal coñeceremos unha orixe provocadora pero, aínda así, respectuosa coa súa traxectoria. A raíz dunha sociedad matriarcal perfecta vemos como se van comportando, dende milenios, as amazonas; mulleres inmortais que conviven de forma pacífica e desenvolven as súas propias fontes de divertimento físico, mental e espiritual. Nunca Wonder Woman foi menos heroína e máis humana.

El azul es un color cálido. Julie Maroh. Dibbuks: Archiconocidísima historia grazas á versión realizada para a grande pantalla: La vida de Adele. Nesta multipremiada novela gráfica, Maroh explica, a través de dous modelos de muller diferentes os conflictos internos, a soidade, o descubrimento da sexualidade, o amor e a pérdida. Aínda que, a través dun xogo narrativo único non queda claro se, en realidade está a reflectir, de maneira tráxica, as dúas etapas da súa propia vida. Terás que comprobalo por ti mesmx.

Bearton City. Daniel Mainé. Diábolo Ediciones. Saga de tebeazos humorísticos eliminadores de clichés sobre un mundo no que a poboación é maioritariamente homosexual. Mundo no que existe unha cidade chamada “Bearton City” protexida polos “osos” máis poderosos da terra: A Bearton Initiative. Superheroes, novela negra, asesinatos e misterios nesta serie que mezcla infinidade de xéneros e da que temos dous títulos dispoñibles: “El abominable hombre del cuarto oscuro” e “Crisis en tierras de cruising”.

Ranma 1/2. Rumiko Takahashi. Glénat: Clasicazo manga moi coñecido no noso país pola controversia que tivo a súa versión en anime -A serie foi cancelada á metade da súa emisión dado o seu contido erótico soft e por tratar, de maneira solapada e con moito humor, o travestismo e a transexualidade-. A historia: un rapaz practicante de artes marciais que cando se molla en auga fría convertese en chica; e que precisamente, pensando como un home pero sendo unha muller, é cando mellor se atopa consigo mesmx e cxs demáis.

Coma sempre, está é unha pequena escolma do que, en realidade, temos nas bibliotecas así que se che interesa algunha outra obra non dubides en consultar o catálogo.