Sabes como se fai un cómic? Coñeces o traballo dun guionista? Pois chegou o teu momento porque Mamut! acaba de lanzar o seu primeiro concurso de guións!

Simplemente tes que escribir unha historia de 2 páxinas, unha historia que outra persoa debuxará en viñetas.

E que é un guión? O guión é un texto que explica qué ocorre en cada viñeta, para que outra persoa poida debuxar a historia. Así é posible traballar en equipo e a distancia.

O equipo de Mamuts elixirá o mellor guión de entre todos que reciban. O gañador levará un lote de cómics Mamut como premio. Despois de elixir a mellor historia, ofrecerana a todo o mundo para que as debuxe: crianzas, autores Mamut, pais, nais, lectores… Así poderemos ver as diferentes versións que fai cada debuxante da historia gañadora.

DESCARGA AQUÍ OS MODELOS DE PÁXINAS, tes de PRAZO ATA O 20 DE ABRIL.

Non esquezas utilizar o cancelo #MAMUTalrescate nas redes.

A continuación podes ver unha guía breve que poderá axudarche para facer as túas historias, pero lembra, a imaxinación non ten límites!