Juan Díaz Canales, Premio Nacional do Cómic como guionista de Blacksad, é o autor desta obra social cuxa cuberta a día de hoxe, parece un presaxio. 

Coñecemos a Niceto quen, aos seus 83 anos, iníciase no mundo do trapicheo vendendo obxectos roubados xunto ao seu grupo de anciáns amigos. A súa intención é apostar eses cartos extra xogando ao tute no bar de Ciriaco.

A súa familia empézase a preocupar cando aparecen asasinados varios amigos do avó Niceto e este móstrase cada vez máis distante.

Aos poucos, imos penetrando nunha historia de suspense cunha gran carga emocional que nos fai reflexionar sobre o final da vida, a soidade e sobre os alicientes que necesitamos para gozar da vida.

Preséntanos tres membros de diferentes xeracións, cada un deles vivindo unha etapa decisiva da vida:  o avó Niceto, o seu fillo Tomás que afronta con incerteza a súa inminente xubilación e o seu neto Álvaro, que está a piques de ser pai por primeira vez.

“Non tomes a vida tan en serio, non vas saír vivo dela”

Esta historia remóvenos, fainos pensar como é ese momento no que xa ninguén nos necesita. Canales reflícteo maxistralmente nestas viñetas:

Como viaja el agua 

Persoas maiores que viviron unha posguerra, que sacaron un país adiante, que foron a traballar sen queixas, que educaron á xeración mellor preparada… merécense o noso recoñecemento e a nosa dedicación sen escusas ata o final.

Soidade e vellez son dúas palabras que nunca deberían de viaxar xuntas. E da auga só podo dicir que, a auga, tamén ten sentimentos.