A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) lanzou o pasado 29 de marzo unha enquisa sobre o efecto económico do COVID-19 sobre o sector da ilustración.  O 30 de abril publicáronse os resultados.

Entre os datos obtidos destaca que o traballo dos profesionais estase vendo afectado pola paralización da entrada de novos proxectos, de media os ilustradores poderán subsistir un máximo de 3 meses na situación actual, e que un 62 % dos enquisados non poden acceder ás axudas derivadas da crise da COVID-19. Podes ler o informe completo aquí.

Nas próximas semanas desde FADIP farase un estudo conxunto dos resultados obtidos polas diferentes asociacións, o que lles permitirá ter unha mostra máis representativa.