O pasado xoves 21 na Fundación Telefónica tivemos a oportunidade de asistir de maneira virtual ao encontro entre Javier Olivares e Santiago García (Premio Nacional do Cómic en 2015 por Las Meninas) para presentar o seu novo cómic, La Cólera, ambientado na guerra de Troia. Ao longo da conversación online, os autores estiveron acompañados, ademais, polo escritor e crítico literario Jorge Carrión e a xornalista, experta en cómic, Laura Barrachina. O encontro está dispoñible, para os que non puideron asistir en directo, no Espacio Fundación Telefónica:

Sinopse: La Cólera (Astiberri, 2020)
Dous exércitos levan dez anos batallando ás portas de Troia. Dun lado, os defensores da cidade, comandados por Héctor. Do outro, a alianza de gregos capitaneada por Agamenón. Cansos e fartos, os aqueos enfróntanse ao seu maior momento de crise, Agamenón ofendeu a Aquiles, o dos pés lixeiros, o seu principal guerreiro.
Aquiles monta en cólera e decide retirar ás súas forzas do conflito. Ninguén consegue facerlle cambiar de idea, nin o seu amado compañeiro Patroclo nin o seu leal camarada Ulises. A ira de Aquiles é inflexible, e a sombra do desastre se cerne sobre a armada grega.
Esta é a historia contada por Homero, a historia da rabia dun home que durou varias semanas nunha praia do estreito dos Dardanelos. A primeira historia da civilización europea.

Algúns cómics dipoñibles nas Bibliotecas de Santiago García e Javier Olivares: