A área de cultura da Deputación da Coruña convocou unha ampla serie de certames dirixidos a fomentar e visibilizar a creación en moi diferentes disciplinas. Moitos deles son galardóns de referencia no noso país e mesmo fóra del. No caso que aquí corresponde, convocouse o XV Premio “Castelao” de Banda Deseñada, un dos máis importantes e con máis remuneración do Estado. Establécense dous premios, dotados con 6.500 € cada un deles, para cada unha das seguintes categorías:
MODALIDADE XERAL: obras dirixidas a todo tipo de lectores. MODALIDADE LIX: obras dirixidas especificamente ao público lector infantil e xuvenil.
Accede ás Bases 2020: XV Premio
Queda clara a importancia do colectivo de profesionais que traballan na creación en banda deseñada en Galicia e o prestixio do premio, consultando o historial de persoas gañadoras:
2019. – A caza / Alberto Vázquez (Xeral) – Uxío /
Martín Romero (LIX)
2018. – Canción para afundir flores no mar / Oliver Añón
2017. – O corpo de Cristo / Beatriz Lema
2016. – Fóra do mapa / Emilio Fonseca
2015. – A carreta do diaño / Fernando LLorente
2014. – O inferno do debuxante / Kiko da Silva (Gañador) – Lobada / José Trigo, Ramón Trigo (Finalista)
2012. – Catálogo de beleza gratuíta / Francisco Bueno (Gañador) – O misterio do Pico Sacro / Rafael Saldaña (Finalista)
2011. – Titoán / Iván Suárez, Ignacio Vilariño
2010. – A man do diaño / Brais Rodríguez
2009. – Sen mirar atrás / Daniel Montero
2008. – Mensaxes / Mariano Casas
2007. – Aventuras de Cacauequi / Jacobo Fernández Serrano
2006. – Un home feliz / Antonio Seijas
2005. – Onde ninguén pode chegar / David Rubín
Lembra que dende o 1 de xuño as Bibliotecas Municipais da Coruña xa están abertas ao préstamo presencial, pero para garantir a túa seguridade, de maneira temporal o préstamo de materiais rexerase por tres condicións:
- Que nos indiques previamente que materiais che interesan (ata 15 documentos).
- Que nos solicites unha cita previa para vir á biblioteca realizar o préstamo.
- Que non se realizarán reservas nin peticións de libros a outras bibliotecas.
Tes toda a información na páxina web das Bibliotecas e tamén o formulario de solicitude de cita previa para o préstamo e ten en conta os horarios de cada biblioteca á hora de solicitar a túa cita.
Non agardes máis e fai unha inmersión na mellor BD galega.