Tomando o relevo das compañeiras da Biblioteca de Monte Alto, e tras mostrarvos as novidades da sala infantil da Biblioteca Os Rosales, chega o turno dos cómics novos da comicteca de adultos: títulos para todos os gustos lectores e moito de completar coleccións!

La ciudad de cristal de Isabel Greenberg.  Benvidos ao fascinante mundo das novas irmás Brontë e ao reino secreto da Cidade de Cristal. O último da autora de La Enciclopedia de la Tierra Temprana e Las cien noches de Hero, dúas obras tamén dispoñibles nas nosas comictecas.

La esperanza pese a todo. Segunda parte de Émile Bravo. Outono de 1940. Spirou consegue convencer a Fantasio para que quede con el e non se vaia a traballar a Alemaña. Pero os tempos son difíciles e o sacerdote que lle aluga a habitación ameaza con botarlle. Spirou e Fantasio deciden saír a percorrer o país cun teatro itinerante de marionetas, pero Fantasio namorarase e causará serios problemas a Spirou.

Grandarroiba de Cristian F. Caruncho. Conta a historia de Moncho, un relato de redención protagonizado por un home que vive apartado no alto dun dos montes de Ortegal. Un tipo rudo, aillado, inadaptado, que paga cos seus animais a xenreira e a carraxe que o acompañan dende cativo, cando xa era desprezado pola súa condición de cabreiro. E esa redención vén dada pola importancia da comunidade, de sentirse parte dalgo, da necesidade do diálogo e a colaboración entre distintas xeracións para a supervivencia común.

Comando Malva de Pilar Bellver e Olga Carmona Peral. Seis mulleres deciden pasar á acción contra o patriarcado e xogarse a súa liberdade, creando o Comando Malva.

El árabe del futuro. 4 de  Riad Sattouf. Neste novo volume, máis extenso, escuro e íntimo que os anteriores, o autor mergulla no período comprendido entre 1987 e 1992, a época na que se converte en adolescente e na que a súa familia sofre unha grave crise: o seu pai vai traballar a Arabia Saudita e abrázase con máis fervor á relixión, mentres que a súa nai regresa á Bretaña francesa cos seus fillos e resúltalle cada vez máis difícil soportar o xiro cara ao fanatismo relixioso do seu marido. E, xusto nese momento, a familia ao completo debe volver a Siria…

Cassandra Darke de Posy Simmonds. Egoísta e solitaria, Cassandra Darke é unha marchante de arte que vive nunha luxosa mansión do barrio de Chelsea, no mismísimo corazón de Londres. Converteuse nunha paria social, pero non lle preocupa. Entre un Nadal e a seguinte, embazou a reputación dunha galería do West End e encadeado unha condena por fraude.

La balada del norte. 3 de Alfonso Zapico. La Revolución de Asturias ha fracasado. Los rebeldes descargan sus últimos cartuchos y huyen, mientras las tropas del general López Ochoa y los regulares de Yagüe ocupan ciudades y pueblos. Coordinada por Franco desde Madrid, comienza la represión; es la hora de la venganza, de cobrarse con intereses los desmanes cometidos durante la revuelta obrera.

Devastación de Julia Gfrörer. En unha aldea arrasada pola peste, Agnès sobrevive de forma sobrenatural a unha praga que terminou con todo rastro de vida. Mentres os cadáveres amontóanse ao seu ao redor e o medo e a desesperación aumentan, é ela a encargada de que todo siga funcionando con aparente normalidade.

Nuestra salvaje juventud. 4-8 de Mari Okada e Nao Emoto. Kazusa e as súas amigas son as cinco integrantes do club de literatura. Cando nunha das súas sesións exponse a cuestión «Que che gustaría facer antes de morrer?», unha delas responde… «Sexo». Esa simple palabra xera un bulebule de emocións que practicamente se fará co control dos seus pensamentos. Seguen as inquedanzas das protagonistas nos volumes 4-8 da colección sobre a etapa máis salvaxe das nosas vidas.

No mires atrás de Anabel Colazo. Branca distingue moi ben que é real e que non, pero logo está ese estraño ser que se lle aparece e ao que ninguén máis pode ver. Será algún tipo de advertencia?

El beso número 8 de Ellen T. Crenshaw e Colleen AF Venable. Historia enxeñosa e conmovedora acerca da amizade, a relixión, a sexualidade e os segredos que se gardan ata nas mellores familias.

Rompepistas de Rosa Codina. Adaptación ao cómic da novela de iniciación de Kiko Amat sobre os anos salvaxes da adolescencia. Rompepistas ten dezasete anos, é punk, vive no arrabalde de Barcelona e faino por e para a música.

Atelier of Witch Hat. 5 de Kamome Shirahama. Durante o desenvolvemento do segundo exame, un «Sombrero de Ala» ataca ao grupo formado por Alaira, Agete, Riche e Yuinii. Cun propósito moi concreto en mente, o practicante de maxia prohibida transforma a este último nunha besta…

La pequeña forastera. 6 de Nagabe. Para fuxir dos homes que os perseguen abandonan o seu fogar en busca dun lugar seguro ata chegar alí. Ese será un refuxio para o dous pero o destino non os deixará escapar. Os soldados malditos, o de­signio do país do interior, e o ata o de agora oculto pasado do doutor.

Black Hammer 4. La edad sombría. Parte II de Jeff Lemire e Dean Ormston. A partir de agora, nada volverá ser igual para os seis exsuperheroes de Spiral City. Atoparon resposta ao misterio que lles atormentaba desde facía unha década, pero… é suficiente para recuperar a súa paz? A firme determinación de Lucy Weber, a nova Black Hammer, é imprescindible para volver unir ao equipo a medida que as impactantes revelacións cambian o seu mundo a cada paso. Porque non, aínda non está todo ben.

Black Hammer. Calles de Spiral de Jeff Lemire, Dean Ormston e Emi Lenox. Este volume recompila algunhas das historias curtas publicadas en diferentes momentos xunto a unha completa enciclopedia do universo Black Hammer e os seus personaxes.

Cartel coas novidades na sala de adultos da Biblioteca Os Rosales. Xuño 2020Todos estos títulos e moitos máis están chegando ás nosas Bibliotecas para seguir sumando lecturas ás nosas coleccións de cómic: diversas en temáticas, estilos e procedencias e que estamos desexando consultar con todas e todos vós o que vos pareceron. Seguide atentxs ao blog porque non deixamos de desvelarvos novidades nestas próximas semanas… 😉