Na Biblioteca Forum collemos o relevo das compañeiras da Biblioteca de Os Rosales e da Biblioteca Monte Alto para amosarvos as novidades da nosa comicteca de adultos con títulos para que os gocedes nestes meses de verán.

Reiraku / Inio Asano. Asano nárranos a decadencia que experimenta Kaoru Fukasawa, un coñecido mangaka, tras finalizar a súa primeira gran obra de éxito. Tras decidir separarse da súa muller, quen traballa como editora para outra mangaka, Kaoru vese sumido nun vórtice da que, ademais, non fará nada por escapar.

Mi vida en barco / Yoshiharu Tsuge. Tsuge preséntanos a Kenta Tsuda un escritor que atravesa unha crise creativa e compra unha pequena barca para tentar recuperar a inspiración. Mantéñense grazas á tenda de roupa que xestiona a súa esposa coa axuda dos seus fillos. O que comezou sendo a procura da inspiración convértese no lugar de paz para Tsuda, onde irá coñecendo a diversas persoas e onde se propoñerá a meta de conseguir pescar unha carpa de máis de 60 cm da que moitos falan, pero que ninguén conseguiu ver xamais.

Los mitos de Cthulhu / Alberto Breccia. Do mesmo xeito que nas obras de Lovecraft, o horror está sutilmente suxerido e non tarda en corporeizarse, tan inquietante como insondable. O lector interioriza a angustia nun intento de racionalizar esas formas cambiantes, fuxidías. Sen ningunha dúbida, o opresivo mundo de Lovecraft e as súas alucinantes atmosferas reaparecen intactos na obra de Breccia. Trinta anos despois da súa aparición, Os mitos de Cthulhu segue sendo un exemplo inefable da complexa ligazón entre literatura e historieta.

Bezimena : una adaptación moderna del mito de Artemisa y Sipretes / Nina Bunjevac. Benni é un xoven como os demáis. De boa familia, con boa educación pero é diferente. Mira as rapazas de xeito estrano. Na súa testa formanse obsesións inconfesábeis…

Helter skelter / Kyoko Okazaki HelterSkelter é un multipremiado e impresionante retrato sobre a sociedade xaponesa. É unha historia de ficción que representa moito á sociedade, unha alegoría ao Frankenstein de hoxe, en que os estereotipos cobran tal importancia nunha persoa, que é capaz de cambiar totalmente mediante cirurxías plásticas, para ser aceptada, famosa, idolatrada e encher carencias, á conta do que sexa.

En la oscuridad / Sara Soler. Nesta obra cóntase a experiencia vivida por Antonio Pampliega secuestrado durante 10 meses por Al Qaeda en Siria no ano 2011.

Corto Maltés. O día de Tarowean / Juan Díaz Canles. A trama sitúanos en metade de Tasmania a finais de 1912, o Día de Mortos. No máis profundo dunha prisión abandonada un misterioso é rescatado. Este resulta ser o príncipe perdido dunha remota illa do pacífico. É a peza crave dunha intriga política de alcance global. Traizón, maxia negra, intriga e amor serán os elementos que axiten as velas duns protagonistas en constante tensión. Algo que leva a Corto a través de medio mundo para tentar facer o que cre que é o correcto. Pero ás veces as intencións non son suficiente. Sobre todo cando o tes todo en contra e non sabes en quen confiar.

Dos monedas / Núria Tamarit. Mar, unha adolescente europea, viaxa a Senegal acompañando á súa nai, que traballa no proxecto de construción dunha biblioteca e unha emisora de radio nun pobo de agricultores e pescadores ao norte da rexión. Habituada ás comodidades e dinámicas do chamado primeiro mundo, a medida que se vai aclimatando aos ritmos e costumes do lugar irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento. Sobre o terreo, Mar descubrirá unha cultura sensual e hospitalaria, unha paisaxe de beleza insólita e unha sociedade con problemáticas moi específicas e sometida a graves desaxustes políticos, pero tamén allea a moitas das nosas servidumes cotiás.

El vecino, 3 / Santiago García. A José Ramón e Javier uniunos o azar: son veciños. É o único que teñen en común. José Ramón estuda oposicións. Javier é un superheroe. Pero o maior problema de Javier non é vencer aos superenemigos de Titán, o seu álter ego, senón chegar a final de mes despois de perder o traballo e dicirlle a verdade, toda a verdade, á moza que quere. José Ramón, con todo, só ten un verdadeiro problema: convivir con Javier e a súa identidade secreta. Ser veciños non é o mesmo que ser amigos. O bitono, negro e vermello, que propoñen nesta terceira entrega de El Vecino Santiago García e Pepo Pérez, non é a única volta de parafuso que ofrecen chegados a este punto da saga.