Despois de amosarvos as novidades que temos na comicteca de adultos desta biblioteca, chega o turno de amosarvos as novas incorporacións á comicteca dos máis peques.

Superprohibido / Geoffrey Hayes. O cubo de Benny desapareceu. Seguro que llo roubaron. O seu novo veciño (alguén misterioso, quizá un monstro?) podería ser o ladrón. Penny e o seu irmán Benny saben que está superprohibido coarse no xardín doutras casas, pero deciden facelo para investigar… Que descubrirán? Algo superimportante sobre eles mesmos, e que teñen unha nova amiga!

El día que Otto la lía / Jay Lynch, Frank Cammuso. A Otto encántalle a cor laranxa, tanto que lle dedica cancións! Cando recibe un misterioso agasallo e aparéceselle o xenio da lámpada, sabe moi ben que desexo pedir: que o mundo enteiro sexa da súa cor favorita! Ao principio todo é radiante, precioso e divertido… Pero pronto comprobará que as cousas se han complicado: a comida non sabe igual se ten unha cor distinta, o tráfico é un caos, resulta moi difícil distinguir a unha persoa de outra… Para restaurar a normalidade, necesitará a axuda da súa familia, unha idea rápida e… unha pizza?

Lily Megamosca. 2, Contra Gorgo el cruel / Pep Brocal A pequena Lily (convertida en Lily Megamosca) e os seus tres recentes amigos, a xoaniña Rita, o escaravello pelotero Claus e a miñoca Fidelia refuxiáronse no bosque porque o gran coleóptero Gorgo e as súa banda de bechos xigantes xa dominan a cidade. Queren escravizar á humanidade e derruir todo o que se construíu en séculos de civilización. Lily debe atopar á súa nai, presa dos invasores, e salvar ao avó que caeu en mans de Gorgo e que agora é o seu mordomo e cociñeiro. Para iso ten que armarse de valor e organizar cos seus amigos unha incursión dentro do campamento invasor, espiar os seus movementos e idear un plan exitoso. Pero non será fácil porque dentro de Gorgo escóndese un inimigo moi taimado.

Lily Megamosca. 3, La gran metamorfosis / Pep Brocal. Último tomo da saga de Lily megamosca. Lily e os seus tres amigos quedaron atrapados entre as garras do cruel Gorgo. Sen resistencia de ningún tipo, o todopoderoso Gorgo pode levar a cabo os seus pérfidos plans que, a parte de facerse construír unha enorme escultura en homenaxe a si mesmo, tamén inclúen escravizar á humanidade e obrigala a borrar da face da Terra edificios, estradas e cidades. O único problema é que os humanos non van o bastante rápidos, son un pouco frouxos e quéixanse constantemente, polo que as obras non avanzan. Gorgo decide crear unha raza mellorada de medio homes e medio insectos grazas á máquina do avó de Lily. Aínda que o futuro vese moi escuro, unha súbita esperanza nace neste novo mundo, que nunca máis se parecerá ao de antes.

Enola Holmes y el misterio de la doble desaparición / Serena Blasco. Cando Enola Holmes, irmá pequena do detective Sherlock Holmes, descobre que a súa nai desapareceu, presente que só ela poderá atopala. Enxeñosa e astuta, no momento en que os seus irmáns deciden mandala a un internado foxe da mansión familiar co firme propósito de dedicarse a dar co paradoiro de persoas desaparecidas e, á vez, seguirlle a pista á súa nai. As súas investigacións levarana a correr grandes perigos nos baixos fondos londinienses. Conseguirá Enola saír desta e esclarecer a desaparición da súa nai, burlando aos seus irmáns?

Enola Holmes e o sorprendente caso de lady Alistair / Serena Blasco Londres, 1889. A irmá pequena do célebre Sherlock Holmes, Enola Holmes, decidiu vivir soa por mor da repentina desaparición da súa nai.
Tras escapar da vixilancia dos seus irmáns, e ao amparo dunha identidade falsa, monta un gabinete como «especialista en investigar todo tipo de desaparicións». Para a súa sorpresa, o seu primeiro cliente é o mismísimo doutor Watson, que a anda buscando pero por sorte non a recoñece.
Enola non pode axudar a Watson, pero interésase por outro caso que el lle menciona: a desaparición, nos perigosos baixos fondos londinienses, da filla dun barón, Lady Cecily Alistair, unha adolescente nada convencional…