O Concello de Fene convocou unha nova edición dos “Premios Curuxa” do Museo do Humor. As persoas interesadas en participar, poderán entregar ou remitir os seus debuxos ao Rexistro Xeral do Concello (Praza do alcalde Ramón Souto González, s/n, Fene) até o vindeiro 10 de xullo.

Os/as participantes poderán presentar un só debuxo de temática libre, en formato: viñeta, tira ou cómic (máximo 1 páxina). 

CARACTERÍSTICAS DOS DEBUXOS A CONCURSO:

  • As obras presentadas a concurso deberán ser de creación propia e inédita.
  • Presentaranse en formato papel, mesmo no caso de traballos realizados dixitalmente (impresión de alta calidade).
  • A dimensión máxima do debuxo será de 29,7×42 cms (A3).
  • Non se admitirán fotocopias nin gravados.

PREMIOS:

Categoría CURUXA (maiores de 25 anos)

  • 1º Premio, dotado con 2.000 euros
  • 2º Premio, dotado con 1.500 euros

Categoría CURUXA-NOVA (de 16 a 25 anos)

  • 1º Premio, dotado con 1.000 euros
  • 2º Premio, dotado con 500 euros

Os traballos premiados quedarán en propiedade do Concello de Fene, pasando a formar parte da súa colección no Museo do Humor. A exposición do XXIV Concurso de Humor Gráfico “Curuxa do Humor 2020” realizarase durante o último trimestre do ano 2020.  

Bases completas da convocatoria na web municipal do Concello de Fene ou no B.O.P. do martes 9 de xuño de 2020.

Para consultar calquera cuestión sobre o concurso ou resolver dúbidas, pódese chamar ao 981 342 400 ou enviar un correo electrónico a museodohumor@gmail.com

O Museo do Humor de Fene é un centro singular e único en Galicia. Na actualidade amosa ao redor de 300 orixinais de humoristas gráficos galegos e de todo o mundo. O seu principal impulsor foi Xaquín Marín. Unha visita obrigada para os amantes da Banda deseñada.