O Consello da Cultura Galega, para celebrar o Día do orgullo LGTBI, acaba de publicar en formato dixital “Elisa e Marcela”, unha banda deseñada guionizada e debuxada por Xulia Vicente. Esta obra será proximamente editada en papel.

Esta é a historia do casamento de dúas mulleres que exercían de mestras: Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga. Para logralo Elisa tivo que adoptar unha identidade masculina, Mario Sánchez, figurando así na acta de matrimonio. Trátase de o primeiro intento de matrimonio homosexual de España do que se ten constancia rexistral. Fixérono pola Igrexa católica na cidade da Coruña. Posteriormente o párroco descubriu o engano, e foron denunciadas e perseguidas.

A súa unión realizouse máis de cen anos antes de que a lei permitise o matrimonio a persoas do mesmo sexo, co que este feito pode considerarse un precedente de o matrimonio homosexual en España. A noticia da súa voda foi difundida por toda España e por varios países europeos.

A obra, en palabras da autora Xulia Vicente, “relata a historia de dúas mulleres cuxa peculiar historia foi reconstruída a partir de documentos oficiais e de extractos de xornais, moitas veces con testemuñas de difícil comprobación. Necesariamente, este relato emprega a ficción para suplir algún ocos e facilitar a narración. Esta banda deseñada ten a intención de divulgar e visibilizar a vida destas mulleres, pero nunca debe tomarse como unha versión cen por cen fiel á historia”.

Xulia Vicente explica neste vídeo o proceso de elaboración da Banda deseñada:

Na web de Cultura Galega podedes ler unha entrevista á autora.

Se queredes ampliar información sobre esta historia, recomendamos a obra de Narciso de Gabriel, dispoñible nas Bibliotecas: