Felicitamos ao autor coruñés Alberto Vázquez, director de animación, polo Premio do Xurado no Festival Internacional de Annecy á súa curtametraxe Homeless Home. Parabéns!
O festival tivo lugar entre o 15 e o 30 de xuño, nesta ocasión en liña debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Trátase do evento máis importante do mundo dedicado a este sector, considerado a antesala dos Óscar.

A distinción súmase a outras entre as que destacan tres premios Goya por Birdboy (2012), Psiconautas (2017) e Decorado (2017).
Aquí podedes ler unha entrevista co autor. E lembrade que nas Bibliotecas Municipais podedes atopar varias das súas obras.