Na Biblioteca Ágora tamén temos cómics novos para este verán… e son unha chea deles!📚📚📚
Temos para todos os gustos e idades, e ademais, seguimos completando varias das coleccións que máis nos pedides, tanto de adultos como de infantil.
Queres velos? Bótalle un ollo a este vídeo onde as presentamos na nosa Comicteca!
Se che interesa algún non dubides en pedilo e levalo en préstamo 📖
Agardámoste!