Este verán vén cargado de cómics na Biblioteca Municipal Os Rosales!

Hai unhas semanas presentámosvos as novidades de cómic infantil que sacamos no mes de xuño e hoxe xa tedes dispoñibles un novo lote de 11 libros.

Completamos coleccións (Astro Ratón y Bombillita 5 e Félix y Calcita 2, Astrid Bromuro 3), incorporamos premios (Uxío), súper heroes (El intrépido Batman en nombre de la justicia), grandes aventuras (Yin y el dragón) e unha chea de historias máis (Pies en polvorosa, Melvina, El festival de los dragones de té, Érase una vez dos princesas, Verde).

De todos eles falamos no seguinte vídeo. Botádelle un ollo e estade atentos/as… porque pronto haberá máis!!!

Achégate á túa Biblioteca Municipal máis cercana e … Verás que Verán cheo de cómics!