Obradoiro 7 e 8 de novembro na Unitaria de Santiago de Compostela

10 desafíos creativos é unha viaxe ás ideas. Un obradoiro onde falaremos de creatividade e conexións. Como obter as mellores ideas que temos, conectalas e formalizalas dun xeito sinxelo e potente. E sen necesidade de saber debuxar.

No obradoiro, aprenderemos sobre o proceso de traballo que Javirroyo leva a cabo para conectar ideas que están no contorno e acadar novos conceptos. Partiremos de historias e representacións reais, para despoxalas do que sobran e deixalas espidas. Extrae a esencia das ideas para obter o máximo impacto. Traballaremos en técnicas creativas a partir de que a creatividade non existe e todos seremos substituídos por robots no futuro. Xogaremos a ser mineiros de ideas.

Que é a Unitaria | Outros obradoiros