Tal e como anunciamos no post anterior, xa temos aquí as novas incorporacións de cómic infantil e xuvenil que xa tedes dispoñibles para levar en préstamo na Biblioteca Municipal Os Rosales.

Desta volta traemos 14 libros, entre eles unha fantástica adaptación, La materia oscura. La brujula dorada; o último de Raina Telgemeier, Coraje; e varios primeiros números, coma no caso de El cartero del espacio 1 e 2, Lendas do recreo 1 e 2 e Heartstopper 1 e 2.

Botádelle un ollo ao seguinte vídeo no que falamos de todos eles. E lembrade que podedes pedilos en préstamo dende calquera das nosas bibliotecas.