.

Como podedes ver apostamos por adaptacións de obras moi coñecidas como Patria de Toni Fejzula e Sapiens de Yuval Noah Harai. Se sodes fans de Orwell tedes unha adaptación feita por Fido Nesti da súa novela máis coñecida 1984 e Orwell, un cómic biográfico escrito polo autor francés Pierre Christin onde trata sobre os acontecementos máis importantes da súa vida.

Por outro lado, se vos gusta o humor,  pero ao mesmo tempo que conteña unha pequena reflexión social sobre a maternidade, temos o cómic No quiero ser mamá da autora española Irene Olmo.

Para os seguidores de Descender de Jeff Lemire, xa está aquí a súa secuela Ascender : La galaxia hechizada; Nesta nova entrega a maxia ocupa o lugar da maquinaria e a protagonista terá que escapar das garras dunha vampiresa bruxa coñecida como Madre.

Seguindo a temática de ciencia ficción, atopamos o cómic Rompenieves do autor Jacques Lob. Este cómic en si non é unha novidade, xa que é un clásico dentro desta temática, pero neste caso se trata dunha edición integral recompilando todas as historias que o compoñen.

Para aqueles que prefiren unha temática máis social non poden perderse a obra da italiana Giulia Pex Khalat, onde nos fala do inferno do exilio dunha rapaza siria que escapa dos horrores da guerra. Este cómic está baseado nun relato escrito por Davide Coltri, cooperante italiano coa causa de Siria.

E non nos esquecemos dos amantes dos Manga, incorporamos un tomo novo da saga Cantina de medianoche de Yaro Abe, e para os que prefiren un manga cunha temática máis fantástica temos dous tomos novos da saga El atelier de sombreros de mago de Kamome Shirahama

Esperamos que os guste a nosa pequena selección, cando queirades podedes vir á biblioteca e levar o que máis os guste.