As Bibliotecas Municipais da Coruña poñemos en marcha unha campaña con motivo do Día da Ilustración que todos os anos se celelebra o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Trátase de lembrar e reivindicar o papel dxs profesionais da ilustración na industria cultural e homenaxear a un autor ou autora que aportou na historia galega neste eido.

Sumámos así, á iniciativa promovida pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia xunto coa AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración) poñendo o foco en dous obxectivos:

  1. Visibilizar a figura de Lolita Díaz Baliño.
  2. Visibilizar e mostrar recursos informativos de ilustradoras coruñesa contemporáneas.

Na edición do 2021, a homenaxeada é Lolita Díaz Baliño, coruñesa imprescindible na historia desta industria cultural en Galicia e muller clave nos ambientes intelectuais do pimero tercio do século XX. A importancia da súa obra e a súa figura supón un exemplo para moitas mulleres contemporáneas que adican a súa vida ao traballo no eido da ilustración e o deseño gráfico.

Sendo esta a razón principal pola que dende Bibliotecas Municipais da Coruña focalizamos a celebración do Día da Ilustración coa posta en valor do actual colectivo de mulleres ilustradoras e coruñesas, moitas delas incluídas no censo de Coruña Gráfica, sempre en crecemento. Na guía de lectura e nas mostras bibliográficas podedes botar un ollo á súa produción editorial ata a data! E estade atentas e atentos ao blog de Suma Ágora porque traerá sorpresas de cara a fin de semana… 😉

Visión persoal de Lolita Díaz Baliño de catro ilustradoras galegas

Pero hoxe, dende o equipo Fancómic, queriamos facernos eco tamén da programación que ten preparada a AGPI para conmemorar esta efeméride. Na web do Día da Ilustración podedes ver un fermoso vídeo sobre a vida e obra de Lolita Díaz Baliño. Catro ilustradoras galegas (Lidia Cao, Nuria Figueiredo, Iria Ribadomar e Laura Romero) ofrecen a súa visión persoal de Lolita Díaz Baliño, mediante ilustracións realizadas especialmente para a ocasión. E, por mor da pandemia, as actividades trasládanse ao eido dixital: dúas charlas imperdibles para este vernes, 29 de xaneiro, con Carla Berrocal e Rosario Sarmiento.

A retransmisión en liña será a través da web www.diadailustracion.gal, e mais do Youtube e do Facebook da AGPI, e estarán conducidas por Neves Rodríguez:

  • 12.10 h Charla: ‘Lolita Díaz Baliño: a ilustradora dos soños’, impartida pola especialista en Lolita Díaz Baliño, Rosario Sarmiento. Rosario Sarmiento dará a charla dende a Fundación Luis Seoane, lugar onte terá lugar unha exposición sobre Lolita e que esperamos poder visitar nun corto espazo de tempo.

O cartel do Día da Ilustración 2021 é obra do autor coruñés Manel Cráneo. E, na súa versión extendida, detallábanse todas as actividades previstas nas bibliotecas públicas e nas escolas de arte de Galicia: