Como xa anunciabamos en entradas anteriores, dende a Biblioteca Fórum vimos de poñer en práctica a programación do traballo co alumnado de 3º da ESO do IES Fernando Wirtz e que este ano ten de base a temática do #8M. Esta semana visitamos presencialmente 4 aulas para dar a coñecer de primeira man pequenas pílulas sobre cómo ler un cómic.

Despois de dialogar sobre os seus gustos lectores o alumnado realizou unha pequena proba de debuxo, unha actividade moi práctica e visual que nos deu pé a meternos de cheo na materia. Grazas as súas propias creacións as rapazas e rapaces foron conscientes de priemeira man de que o que diferencia aos cómics fronte a outras disciplinas é a importancia que cobra a ilustración na narración. Deron conta de que a ilustración tamén narra e moitas veces pode contar máis que o texto ou aportar información contradictoria. A importancia dos cómics radica pois en saber que queren transmitir esas ilustracións (cor ou B/N), diferentes ilustracións nun mesmo cómic, cambio de estilos, elipsis gráficas…

Quedaron claros conceptos coma o de que os cómics teñen unha linguaxe propia. Unha ten que ver co texto –bocadillos, 1ª e 3ª persoa- e outra co movemento (liña cinéticas, vibración, descomposición do movemento, deformación cinética, imaxe conxelada, estrelas…). E por suposto tamén abordamos  as diferentes tipoloxías de cómics que existen:  

Tira cómica: unha historieta publicada periodicamente (xeralmente diaria ou semanalmente) en diarios, revistas e máis recentemente en páxinas da internet.

Splash Page: unha páxina ocupada completamente por unha única viñeta.

WebCómics:  historietas dispoñible para a súa lectura na internet.

Cómic book: formato máis utilizado para os cómics estadounidenses e as versións destes noutros países.

Novela gráfica: formato de publicación con guion dun só autor e que contén unha historia única, onde se fusionan o debuxo e a narrativa e preséntanse temas profundos e historias extensas.Fanzines: teóricos… Aínda que a clasificación máis axeitada é por países, e veremos estes a través dunha viaxe:

Fanzines: publicacións non profesionais producidas por seguidores dun fenómeno cultural particular (como pode ser un xénero literario, musical ou historietístico) para o pracer doutros que teñen os mesmos intereses.

Aínda que consideramos que a clasificación máis axeitada é por países e así o experimentamos entre todos. Falamos sobre as diferentes características de cada un deles.

Do MANGA, destacamos a importancia que a literatura oriental amosa pola súa cultura, e en particular á comida. Exemplos claros son as series de televisión orientais ambientadas en cómics como, Dragon Ball, nas que vemos que os protagonistas non paran de comer. Ainda que sen dúbida o que fai especial este tipo de cómic fronte os outros é o tempo. Nos mangas as cousas duran moito mais do que deberían e senón pensade nos combates de DB.

Do CÓMIC AMERICANO abordamos que non é tanto un estilo de cómics que se fai nun lugar determinado, como unha maneira de facelos. De feito, moitos dos grandes guionistas e debuxantes deste tipo de cómic non naceron nin sequera en América. Seguramente sexan os cómics máis coñecidos grazas as adaptacións cinematográficas que hai deles.

Do CÓMIC EUROPEO aprendemos que o termo é relativamente novo. Durante moitos anos a producción comiquil europea estaba centrada en Bélxica, Francia e Suiza polo que o termo que se usaba, para definir o cómic no vello continente, era historieta franco-belga. A importancia de series como Tintin, Spirou, Astérix… fixo que o cómic europeo se convertise nunha das tres grandes tradicións historietísticas mundiais. O cómic europeo caracterizase pola prevalencia do guión fronte ao debuxo. Pero é precisamente o debuxo de trazos finos e ben definidos o que marca a diferenza co  underground americano.

Da NOVELA GRÁFICA descubrimos que pretende englobar todos aqueles cómics -ben sexan europeos, americanos ou mangas- que debido: ao seu argumento, ao coñecemento previo que deben posuír os lectores sobre o propio medio, e á súa pretensión e calidade narrativa; están pensados para un tipo de lector máis maduro e esixente que os dos cómic books. A novela gráfica fixo que os cómics volvesen a estar de moda. Considerados durante anos como literatura menor, este tipo de obras fixo que o público adulto se interesase polo que o cómic lles podía aportar.

Os conceptos eran moitos e o tempo chegou a pouco pero nuns días volveremos conectar a través do virtual para compartir as impresións arredor das lecturas dos cómics Polina, Leñadoras e Bone. Se ti xa os leches encantaríanos que nos deixases os teus comentarios, e se aínda non o fixeches animámoste a que o fagas connosco, podes conseguir algún exemplar nas nosas bibliotecas, consulta a súa dispoñibilidade no catálogo.

Podes ver máis polo miúdo como foron os nosos encontros na galeria de flickr.