
Seguimos con outra das reseñas que imos facer das obras relacionados coa temática do 8M que deixamos a semana pasada no IES Fernando Wirtz cando nos achegamos alí para falar sobre cómics co alumnado de 3º da ESO. Nun par de semanas chegará o encontro virtual que imos ter con toda a rapazada para falar sobre estos cómics.
Hoxe é o turno de reseñar «Bone. Lejos de Boneville» de Jeff Smith, outro dos tebeos que sen dúbida ocupa un lugar privilexiado nas estanterías das nosas bibliotecas e no corazón de máis dunha bibliotecaria ou bibliotecario, dxs nosxs usuarixs e mesmo dos participantes no Club de Lectura de Cómics da Biblioteca Fórum, por que si, amigxs o personaxe de Fone Bone faise querer dende o inicio das súas aventuras xunto aos seus primos.
Cando cae calquer exemplar da saga Bone nas nosas mans o primeiro que pensamos é que se trata dun cómic para os máis pequenos porque os seus debuxos recordan ao universo Disney, pero nada máis lonxe diso xa que neste cómic podemos atopar todos os ingredientes dunha obra para toda a familia; humor, aventuras, maxia… de feito, case parece que nos imos adentrar no universo Tolkien.
A Fone Bone e aos seús dous primos, expulsáronos da súa aldea e mentres tratan de encontrarse, Fone ten varios encontros do máis surrealistas con… un dragón vermello, as terribles e temibles mostrorratas e a unha rapaza, chamada Thorn, que vive ca súa avoa e que se convertirá nunha das grandes protagonistas desta saga e destacará pola súa valentía.

Mentres pasades as páxinas gozando dos debuxos, das cores, dos personaxes e da historia, asegúrovos que non perderes o sorriso en ningún momento porque o autor Jeff Smith así o soubo reflectir cando aos 10 anos comezou a facer os bocetos do que hoxe en día está considerada como unha das 10 mellores novelas gráficas do mundo según a revista Time.
E onde a primeira vista só había 3 primos que ían vivir ou máis ben sobrevivir aos perigos que lles supoñía vivir fóra dos límites da súa aldea, a increíble Thorn aparece para xogar un dos papeis máis fundamentais da obra.