As bibliotecas municipais da Coruña están realizando estas semanas un conxunto de accións con motivo do 8M, baixo o lema “Visibilizar o invisible: a perspectiva feminista das BMC”. Entre estas accións, o blog do Club de lectura LGTB Queeruña vén de publicar un post sobre mulleres LGTBI, un colectivo que sempre estivo dobremente invisibilizado. Desde aquí recomendámosvos lelo, e aproveitamos para lembrar algúns cómics desta temática que podedes atopar nas nosas bibliotecas. Consulta o noso catálogo para ver máis.