Os días 15, 16 e 17 de Abril proxectarase na Sala Fernando Rey do Forum Metropolitano da Coruña a película: Ralf König Rey de los cómics. Un filme cheo de ironía e humor que funciona perfectamente tanto para xente que coñece a obra do irreverente autor alemán como para todxs xs que sexan alleos a esta. Neste documental, a través da súa observación mordaz da realidade, König acheganos unha ventá cara a súa vida e a súa loita contra os prexuizos e estereotipos da sociedade alemana moderna. Así logra afondar en temas como: a sensibilidade masculina, os seus propios desexos e frustraccións, as neurosis urbanas, a influencia de la relixión na sociedade… que mesturado co ton, a desfachatez e temática dos seus cómics, fan que o filme sexa de obrigado visionado.

Lugar: Forum Metropolitano – Sala Fernando Rey

Días e horas: 15, 16 (20:00h.) e 17 de Abril (17:30 e 20:00h.)

Prezo: Entre 1,5 e 3 euros

Entradas: https://forummetropolitano.sacatuentrada.es/

Por se isto fose pouco, dende a biblioteca do Fórum decidimos facer unha minimostra con todos os cómics que temos do autor. Así, podedes observar/ler en primeira persoa o hilarante legado que nos deixa o autor a través de obras que comprenden tódalas súas etapas creativas.

Tanto os cómics como as entradas van voar, así que… bulide