Este mes de maio tamén chegan novas incorporacións de cómic infantil na Biblioteca Os Rosales, e desta volta, compartimos con vós un novo vídeo para mostrarvos as marabillas que xa forman parte da nosa colección.
Nesta ocasión traemos 12 libros novos para rapazada de 6 a 8 anos, entre os que destacamos:
- Cacahuete y medio, unha divertidísima historia sen texto para os máis peques.
- Tres novidades de Astiberri, que está de 20 aniversario: Patri y las hormigas, Avni, e Tigresa contra pesadilla (o meu favorito).
- E os últimos números de dúas coñecidas coleccións de Artur Laperla: SuperPataca 10, en galego! Félix e Calcita 3, e o primeiro número de unha nova coleción do mesmo autor 4 cobayas mutantes.
Lembrade que podedes pedilos en préstamo dende calquera das nosas bibliotecas, consultade o noso catágolo!