O equipo de Fancómic non deixabamos de morder as uñas pensando cando sairían as autoras e autores de cómic convidados á vixésimo cuarta edición do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico. E xa están aquí:

FERNANDO LLOR
JAIME MARTÍN
JAVIER OLIVARES
MIGUEL PORTO
NURIA TAMARIT
PATRICIA MARTÍN
PEPE LARRAZ
RAÚL ALLÉN
TERESA VALERO
TYTO ALBA

O cartel é obra de Teresa Valero, unha das invitadas nesta edición do Salón. Xa sabedes que a única premisa é que aparezca a Torre de Hércules nel, e tanto que sae! Na web do Festival podedes ler a primeira nota de prensa co resumo do que será a semana do 9 ao 15 de agosto na cidade con respecto ao cómic. Estade ben atentas ás redes porque enseguida publicarán información sobre charlas, sinaturas, casetas na Rúa da BD, etc. Vémonos estas semanas tanto polas nosas comictecas como polo Kiosko Alfonso, as casetas, as librarías… Quecendo motores! 😉