Arranca Viñetas desde o Atlántico 2021 e nesta edición, a número 24, as Bibliotecas Municipais da Coruña estamos presentes facéndonos cargo da caseta de información do festival e cunha caseta propia na que atoparedes cómics dos/as autores/as invitados e novidades, que, por suposto, poderedes levar en préstamo.

Temos á vosa disposición tamén un espazo adicado á rapazada, cunha ampla selección de cómic infantil e xuvenil para ler in situ ou levar para casa. Estade atentos/as ás recomendacións que recompilamos na guía Descubrindo Cómics, con títulos escollidos con mimo para 6-8 anos, 9-11 anos, 12-14 anos e coleccións imprescindibles de manga.

Lembrade que poderedes demostar canto sabedes de cómic, tanto o público adulto, como infantil, contestando un divertidísimo test na caseta, se cadra levades un diploma ratificando os vosos coñecementos 😉

Agardámosvos pola Rúa BD!