Na biblioteca Forum celebramos con paixón unha das nosas festas favoritas: O Samaín. Por iso, cada ano, adicamoslle un recunchiño especial a algunha personaxe, temática ou efeméride diferente que teña que ver co sobrenatural. Este ano queremos facerlle un oco a todos eses monstros que limos, vimos e maxinamos; a eses seres que tantas alegrías, sustos e penurias nos deron ao longo da nosa historia. De ahí que, durante 15 días, a nosa biblioteca sexa a «pousada» onde habitarán os monstros máis arrepiantes de todas as artes. De entre todos estes, escollemos unha pequena escolma de cómics para que vos deixedes levar polo terror:

Agujero Negro – Charles Burns. Ediciones la Cúpula

Casi 10 anos lle levou realizar a Charles Burns este tebeazo que foi un auténtico éxito de ventas e críticas. Nel, atopamos un mundo alternativo onde os adolescentes dos anos 70 contraen unha enfermidade que lles produce diferentes mutacións xenéticas. Éstas son aleatorias, e mentres unhas pasan completamente desapercibidas outras son monstruosamente devastadoras. Ciencia ficción de calidade e crítica social para devorar a calquer hora.

La cosa del Pantano – Alan Moore. ECC

Non podía faltar a exitosa etapa na que Alan Moore escribiu os guións de Swamp Thing. Unha personaxe de DC que non vivía o seu mellor momento e que a través desas enormes historias-mestura de terror gótico, crise existencial e romanticismo- chegou a ser unha das personaxes clave da renovación dos cómics para adultos.

Diario de un No Muerto – Alain Ayroles. Norma Editorial

Neste thriller vampírico victoriano, atopámonos cunha historia que pode parecer simple a primeira vista pero que, pouco a pouco, se vai camplicando ata chegar a un enrevesado e delicioso final. Todo nela desprende un halo de novela clásica. Pero unha das que está ben tecida, ben escrita e ben debuxada para todxs xs que somos amantes do sangue.

Frankenstein – Junji Ito. ECC

O mestre dos cómics de terror xaponés achéganos a unha nova visión da personaxe de Mary Shelley a través da narración dun aterrado Victor Frankenstein. Alonxado, por unha vez, desa visión macabra, grotesca, retorcida e enferma do terror que posúe o autor; desta banda consegue un relato máis clásico, sobrio e fiel ao orixinal.

Los Mitos de Chtulhu – Alberto Breccia. Astiberri

Este opresor, delirante e escuro cómic publicado en 1974 está considerado como unha das grandes obras mestras da historieta. Nela vemos a Alberto Breccia no punto álxido da súa carreira; cunhas ilustracións nas que utiliza diferentes técnicas de degradados, collages, inserción de fotografías… que enfatizan o feble estado de saúde mental de Lovecraft a través do seu sobrenatural e onírico mundo.