O cómic ferve na cidade, e non falamos só da presenza do cómic nas vosas bibliotecas e librerías de referencia 😉 Senón das actividades ás que podedes acudir para ampliar a vosa experiencia lectora. Concretamente falamos de:

  • Exposición SACRIFICIO E ASCENSIÓN. Quince anos de cómics de DAVID RUBÍN. Esta semana deu comezo a mostra máis extensa, completa e ambiciosa das realizadas sobre este autor, con máis de 230 obras, en que se reflicten todos os seus fitos creativos. Está en Afundación ata o 29 de xaneiro.
  • Exposición A miña revista favorita. Dentro do programa Coruña Gráfica, trátase dunha exposición que reúne trinta dos máis importantes autores e autoras da banda deseñada española en homenaxe ás revistas de cómic históricas, desde o TBO ata El Jueves, pasando por Chicos, Tío Vivo, Tótem, 1984 ou Creepy. Está na Casa museo Picasso ata o 14 de decembro.
  • Evento Japan Weekend. Para as e os amantes do manga e da cultura xaponesa, esta fin de semana podedes gozar deste evento no recinto de Expocoruña. 6 e 7 de novembro.

E vós, coñecedes algún evento comiqueiro que se nos esté a escapar ao equipo Fancómic? Lémosvos!