Este mes de marzo comeza na Coruña cun evento co que estamos realmente felices: o sábado día 5 inaugúrase a tenda de cómic máis grande de Galicia, a nova sede da mítica Alita cómics.

A actual tenda da Ronda de Nelle trasládase a un gran local de 400 metros cadrados situado entre os números 99-103 da Avenida Fisterra, onde se ofrecerá unha enorme oferta de cómics ademáis de libros de outras temáticas. Contará tamén cun espazo para eventos e presentacións.

Para celebrar esta apertura contarán ca presencia de Anabel Colazo, Julia Lago e Martín Romero para falar das súas obras e Eduardo Maroño presentará o acto.

A inauguración coincide ca primeira celebración en España do Día do Cómic, que se tratará dunha xornada de celebración da cultura do cómic cuxo obxectivo é promover a divulgación deste medio artístico, reivindicar o seu papel social e recuperar a memoria artística e histórica dos/as autores/as españois.