Interésache a cultura xaponesa, o manga e o anime? Pois estás de sorte! Entre o 18 de Marzo e o 29 de Abril terá lugar un ciclo de charlas, organizadas por Serial Experiments Lab., coa colaboración do Centro Ágora e o Concello de A Coruña.
Con este ciclo, porase en valor a cultura xaponesa, a poesía, o turismo otaku e anime e o universo pechado da propia cultura otaku. Non nos esquecemos da gastronomía, na que se porá de manifesto as similitudes da cociña galega e a xaponesa.
Apunta estas datas!
- Vernes 18 de Marzo ás 18:00h.: Anime e poesía (con Francisco J. Pérez, escritor, poeta e guionista de Barcelona).
- Vernes 25 de Marzo ás 18:00h.: Universo Otaku (con Leandro Garibaldi e Martín Losada, divulgadores de manga, anime e cultura pop).
- Vernes 1 de Abril ás 18:00h: Manga e anime feminista (con Carolina Plou, historiadora de arte especializada en cultura xaponesa, manga e anime)
- Vernes 8 de Abril ás 18:00h: Turismo otaku (con Miguel Pazos, xéografo e profesor titular na Facultade de Xeografia de Santiago de Compostela)
- Vernes 22 de Abril ás 18:00h: Cociña galega e xaponesa con Pablo Pizarro (cociñeiro de «Empanada Viajera». A súa charla xirará en torno ás similitudes entre a cociña galega e a xaponesa (Haberá cata de cociña ao terminar)
- Vernes 29 de Abril ás 18:00h.: Anime experimental (con David Pazos Otón, divulgador de manga e anime experimental)
IMPORTANTE! Todas as charlas son de balde e até completar a capacidade! Achégate ao Centro Ágora! (aula 9)