Que sería de nós sen a rica programación das librarías da cidade. E é que a oferta é variada e abundantísima. Antes de comezar a contarvos máis polo miúdo o que estamos a argallar nas Bibliotecas Municipais polo Día da banda deseñada e dentro do Festival Primaletras, dous eventos a non perder para conversar coas ilustradoras/autoras de cómic: Agustina Guerrero en Moito Conto o martes 29 de marzo ás 19h e María Hesse en Bululú o martes 5 de abril, ás 19h tamén. Tomade boa nota:

