As Bibliotecas queremos ver florecer as letras esta primavera, por iso organizamos o Festival literario e cultural «PrimaLetras» para celebrar na cidade da Coruña todas as efemérides relacionadas co libro e a lectura que se aglutinan nos meses da primavera (marzo/maio).

Unha desas efemérides é o 1 de maio, marcada pola Xunta de Galicia como o Día da Banda Deseñada, dentro do calendario do libro e da lectura de Galicia. Como non podía ser doutro xeito, as Bibliotecas Municipais da Coruña tamén imos realizar varias actividades relacionadas co mundo do cómic e a ilustración. Cada día da semana, terá lugar un obradoiro de cómic nalgunha das Bibliotecas Municipais da man de grandes profesionais da banda deseñada e a ilustración. Todos eles son con inscrición previa unha semana antes na web municipal

-> Obradoiro de iniciación ao manga con Santiago García:

Luns 25 de abril ás 18 h. na Biblioteca Ágora.

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Ilustrador freelance para diversas editoriais españolas e debuxante e colorista para o mercado francés (Dargaud e Delcourt). Realiza tamén traballos en libros, cómics, cartelaría, videoxogos e anuncios publicitarios. Forma parte do Colectivo Miñoco.

Neste obradoiro as rapazas e rapaces participantes coñecerán os diferentes estilos que existen no mundo do Manga e estudarán as características que os fan únicos. Aprenderán a deseñar personaxes emblemáticos e dotalos de expresividade e dinamismo, a escoller os mellores planos e encadres para as viñetas e moitos outros aspectos que encherán de vida as súas obras!

-> Obradoiro de ilustración con Manel Cráneo:

Martes 26 de abril ás 18:30 h. na Biblioteca Sagrada Familia.

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.

Artista multimedia coruñés de ampla bagaxe en diversas disciplinas. Resalta o seu traballo como autor de cómic e ilustrador, colaborando ademais en numerosas publicacións e volumes colectivos. Tamén traballou para axencias de publicidade e foi director artístico de varias campañas. Neste obradoiro as rapazas e rapaces participantes aprenderán da súa man como activar os sentidos para crear obras únicas e estimular a creatividade que levan dentro deles.

-> Obradoiro de ilustración con Óscar Villán:

Mércores 27 de abril ás 18:00 h. na Biblioteca Monte Alto.

Dirixido a nenos e nenas de 5 a 10 anos.

Encontro-obradoiro de ilustración con Óscar Villán, Premio Nacional de Ilustración por «O coelliño branco». Entre as numerosas obras que ilustrou para diversas editoriais destacan a colección Do berce á lúa, o libro-disco «Canta connosco!», «Juego de letras», «Un becho estraño», «Amora», «A Cebra Camila», «Animais de compañía» e os libros de relatos «O Rei Oso Branco» e «Non hai escapatoria» (KALANDRAKA).

-> Obradoiro de ilustración con María Lires:

Mércores 27 de abril ás 18:00 h. na Biblioteca Castrillón.

Dirixido a nenos e nenas de 8 a 12 anos.

María Lires traballa como ilustradora de album infantil para todo o panorama editorial galego e publicou como autora integral «Bechos pequerrechos» (Galaxia) e «Animalario cotián…entre irmáns» (Xerais).

-> Obradoiro de cómic con Luis Sendón:

Mércores 27 de abril ás 18:00 h. na Biblioteca Fórum.

Dirixido a nenos e nenas de 9 a 14 anos.

A rapazada coñecerá a linguaxe do cómic dende a creación do guión, o storyborad, o deseño de páxina e as personaxes; pasando polas fórmulas propias do medio como o deseño, os bocadillos e as onomatopeas. 

-> Obradoiro de banda deseñada con Julia Lago:

Xoves 28 de abril ás 18:00 h. na Biblioteca Monte Alto.

Dirixido a mocidade de 12 a 17 anos.

Julia Lago, gañadora en 2021 do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña, pola súa obra «Nós seis», será a encargada de realizar este obradoiro de banda deseñada para a mocidade.

-> Obradoiro de ilustración con Irene Sanjuan:

Venres 29 de abril ás 18:00 h. na Biblioteca Os Rosales.

Dirixido a mocidade de 9 a 14 anos.

A ilustradora coruñesa estudou Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña; Ilustración, na Escola Pablo Picasso; Estilismo e Deseño de Moda, na Escola Goymar da Coruña; Serigrafía Téxtil, na Saint Martin’s School de Londres, e Deseño Gráfico en IFES da Coruña. Traballou como deseñadora en importantes firmas de roupa e fixo ilustracións para diversas webs e libros.

-> Obradoiro de banda deseñada con Santy Gutiérrez:

Sábado 30 de abril ás 12:00 h. na Biblioteca Durán Loriga.

Dirixido a mocidade de 10 a 15 anos.

Nado en Vigo, Santy Gutiérrez estudou en Santiago de compostela e actualmente reside na Coruña. Con máis de vinte e cinco anos de experiencia profesional, ilustrou libros e carteis, humor gráfico, caricaturas, publicidade, cómic e deseño téxtil. Tamén se dedicou ao ensino do debuxo. É membro fundador do coruñés Estudio Baobab e foi directivo da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) durante 11 anos. 

ACTO CENTRAL:

Encontro con Miguelanxo Prado

Luns 2 de Maio ás 19 h. na Biblioteca Fórum.

Acceso libre até completar capacidade.

Un encontro co noso autor de banda deseñada máis internacional. Por unha banda Miguelanxo nos falará do proceso creativo que segue para elaborar os seus cómics (guión, documentación, deseño de personaxes, paleta de cores utilizada,…) e, por outra, haberá un coloquio posterior co Club de lectura de cómics no que centraremos a atención nas dúas obras do autor lidas polos seus membros: «Ardalén» e «Presas Fáciles».