No marco da celebración do Día do Cómic Gratis, hoxe venres 6 de maio ás 19:00 h., podemos gozar na Afundación.TV dunha clase maxistral ofrecida por David Rubín, un dos debuxantes de BD máis prestixiosos do panorama internacional, desde a Sede Afundación da Coruña con motivo da mostra «SACRIFICIO Y ASCENSIÓN. Quince años de cómics de DAVID RUBÍN».
O artista galego reflexiona, nun encontro distendido, sobre a súa traxectoria, o seu proceso creativo e as claves que definen a súa obra.