Os Paseos pola Coruña Literaria, que organiza Normalización Lingüística do Concello da Coruña xunto coa Asociación de Escritores/as en Lingua Galega (AELG), teñen datas e protagonistas para esta primavera. Aquí en Fancomic interésanos moito a que vai facer Manel Cráneo por diferentes localizacións da cidade. Será o próximo sábado 14 de maio, ás 12.00 h.:

«A Coruña, capital da banda deseñada galega», con Manel Cráneo

Reimundo Patiño, as Xornadas de cómic que se realizaban no Fórum Metropolitano a primeiros dos 90, o festival «Viñetas desde o Atlántico», as librarías especializadas, Polaqia, Demo Editorial e a plataforma Coruña Gráfica. Unha volta polo panorama autoral local.

As inscricións faranse exclusivamente a través do correo inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior (9 de maio) , ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.