O sábado 4 e o domingo 5 de xuño celebrarase a primeira edición de Banda á Feira, un evento organizado pola Asociación de Veciños do Calvario e que pretende achegar o cómic aos vigueses sacándoo ás rúas.

Durante estas dúas xornadas visitarán a cidade varios autores do panorama nacional como Borja González (The black holes, Grito Nocturno), Mayte Alvarado (La isla), Carles Dalmau (Planeta Manga) ou Anabel Colazo (Encuentros cercanos, Espada) e entre todos eles comporase unha exposición ao aire libre que encherá de arte as rúas do barrio. Exposición que se completará cunha mostra de Subnormal, o cómic sobre acoso escolar dos vigueses Fernando Llor e Miguel Porto.

O creador do cartel da primeira edición é Das Pastoras e este é o seu programa completo:

Segue toda a actividade nas súas redes sociais (Instagram, Facebook e Twitter).