Este xoves 9 de xuño ás 19 h. inaugúrase a expo do ilustrador Luis Yang na Galería Grelería da Coruña.

Luis Yang foi un dos impulsores do fanzine Sacoponcho. Colaborou cos seus cómics en publicacións como Arròs Negre, Mañana, Ex Mag e Nimio (premiado no Salón do Cómic de Barcelona como mellor fanzine no 2016). En 2020 dirixiu e animou o videoclip musical When I Grow Up, da cantante estadounidense Yaeji, para a discográfica XL Records. Tamén é o promotor de Amorcito, publicación colaborativa autoeditada cuxa segunda publicación (na que participan artistas como María Medem ou Cynthia Alfonso) foi premiada co INJUVE 2020.

A exposición pode visitarse dende o 9 de xuño ata o 3 de agosto no horario da Galería (de martes a venres de 17:30 h. a 20:30 h. e os sábados de 11:00 h. a 14:00 h.).

Tedes máis info nas redes sociais do autor (twitter e instagram).